Cancioneiro
Eu non canto por cantar
A primeira edición do libro deste cancioneiro popular de Galicia, Eu non canto por cantar, foi editada por Supermercados Gadis, para agasallar ós seus clientes, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas do ano 2014.
AUTORES
- Manuel Rico Verea
- Antón Santamarina Fernández
COORDINACIÓN DA EDICIÓN E DESEÑO
- Cibrán Rico López
- Xesús Vázquez Gómez
O cancioneiro popular de Galicia, transmitido dunha forma lúdica e recreadora nas festas familiares, nas foliadas, nas romarías, nas fías, nas ruadas, nos traballos colectivos ou nas tabernas, fixou cancións que permanecen na memoria colectiva vinculadas a estas situacións festivas.
Nós realizamos esta escolma coa intención de recuperar unha parte deste cancioneiro para que valla de axuda á memoria ós que xa saben as cantigas ou de encontro con este signo da nosa identidade cultural para os que lles resulten novas.
As partituras deste cancioneiro foron transcritas por Manuel Rico a partir dos cancioneiros citados na bibliografía, da audición directa dos intérpretes ou de documentos sonoros.
A nosa gratitude ós colectores, cantoras, cantores e transmisores que, co seu traballo, posibilitaron este cancioneiro.
Para facilitar a lectura e execución das partituras no momento de ser cantadas unimos o grupo rítmico e métrico. A velocidade indicada na parte superior esquerda en cada canción tamén corresponde ó pulso básico aproximado.