Biblioteca Manuel Beiras García

Submitted by admin on Lun, 08/03/2021 - 11:00
Imaxe slider páxina
Biblioteca Manuel Beiras García

Biblioteca Manuel Beiras García

As súas inquedanzas políticas e culturais levárono a empezar a publicar os seus artigos na prensa local desde moi novo. Aínda que o eixo profesional da súa vida foi a actividade comercial, foi un home comprometido profundamente coa cultura galega, participando activamente en tódolos seus ámbitos.

No ano 2002 a familia Beiras Torrado fixo a doazón da Biblioteca e o arquivo persoal do seu pai Manuel Beiras. O fondo bibliográfico é fundamentalmente galego e literario, con primeiras edicións de Galaxia e da editorial Bibliófilos Galegos e os carteis de propaganda do Estatuto de 1936, feitos por Castelao e Díaz Baliño.

Santiago de Compostela, 1904-1996