A Biblioteca colabora

Tipo nova
Biblioteca y archivos
A Biblioteca colabora
Imaxe
Baltar

Deber de Baltar: medicina e compromiso. Baixo este lema, no Colexio de Fonseca da USC, se lle rende cumprido homenaxe ao bo facer da Familia Baltar, que tan presente está no Museo do Pobo Galego a través da súa biblioteca familiar.

Biblioteca que chegou a nós mercé a grande xenerosidade dos herdeiros de Ramón Baltar.  Importante legado bibliográfico de máis de 12.500 títulos. Libros senlleiros uns pola súa coidada edición, outros pola súa antigüidade ou valor histórico, destacando tamén aqueles referentes ao mundo da arte.

Nesta mostra organizada polo Concello e o Consorcio do Santiago, máis a Deputación e o Colexio Médico da Coruña, preséntase unha pequena escolma deste fondo que nos aproxima á Familia Baltar e a toda unha época.