FOTOS DA VISITA AO "CGAC OCULTO"
A Oficina de Socias e Socios do Museo organizou o pasado 13 de xuño unha visita guiada aos espazos ocultos do CGAC (Centro Galego de Arte Contemporáneo).
Visitamos os almacéns onde se custodian e conservan as obras de arte, os talleres de restauración e montaxe, a Aula de Educación Artística, as oficinas e a sala de xuntas. O percorrido rematou na cuberta do edificio.