Xornada en lembranza de Ramón María Aller Ulloa, membro do SEG e iniciador da observación astronómica en Galicia, que acolleu no seu observatorio de Lalín os compoñentes do equipo que traballou na xeira da Terra de Deza.
O acto en Lalín dará comezo ás 20:00 horas, coas conferencias:
- "O astrónomo Aller e as xeiras do SEG na comarca de Deza", a cargo de Cecilia Doporto, conservadora do Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa.
- "O observatorio de Lalín, un referente de prestixio para o Seminario de Estudos Galegos", a cargo de José Ángel Docobo Durántez, director do Observatorio Ramón María Aller da USC.
A continuación, ás 21:30 horas, se a climatoloxía o permite, realizarase unha visita ao observatorio de Lalín.
Organizado polo Museo do Pobo Galego, en colaboración co Concello de Lalín e o Museo Municipal Ramón María Aller, a xornada forma parte da programación conmemorativa do centenario do SEG.