Sétima edición do festival HerDanza

Enviado por xestor el Mar, 05/09/2023 - 19:57
08
Aug
2023
Tipo evento
O Museo acolle
Sétima edición do festival HerDanza
Imaxe
Herdanza no MPG

O venres 8 de setembro, o Museo do Pobo Galego acolle un dos espectáculos da sétima edición do Festival HerDanza: 'Como alabar en voz alta', dirixida, creada e interpretada por Eva Comesaña.

Unha proposta que, en palabras da autora, mestura palabra e movemento para tratar a espiritualidade, o feito de dar e recibir, de ser agradecida e agradecer, porque… "é de ben nacida ser agradecida", ou iso nos contaron dende que somos cativas. Pero que hai no medio de todo isto? Como a relixión e outras relixións nos afectan ou aportan? ORAR, ALABAR, ADORAR, OFRECER, SACRIFICAR, AGRADECER, DEVOLVER,… son algúns dos conceptos que trata a obra. 

 

Día: 8 de setembro.

Hora: 17h30.

Duración: 15 min. 

Máis información

 

                       Como alabar en voz alta