O futuro dun legado.
Encontro do asociacionismo cultural galego a cen anos do SEG
Vixencia do SEG
O Museo do Pobo Galego impulsa a xornada O futuro dun legado. Encontro do asociacionismo cultural galego a cen anos do SEG, que se celebrará o sábado, 1 de xuño. Unha cita que servirá de colofón ao programa de actos con motivo dos 100 anos da creación do Seminario de Estudos Galegos e coa que o Museo, unha das institucións herdeiras daquela entidade, pretende poñer en valor o traballo das asociacións que, de maneiras diversas e desde distintos puntos do país, continúan aquel labor iniciado polo SEG.
No encontro participarán preto de trinta asociacións das catro provincias galegas que están a traballar en investigación e divulgación de diferentes ámbitos do patrimonio galego: científico, cultural, histórico, territorio, patrimonio inmaterial… Será unha xornada de intercambio e reflexión colectiva, para afondar nas posibles solucións aos desafíos que xorden na xestión dos proxectos, para analizar e fomentar as relacións entre o tecido asociativo, veciñanza e patrimonio; e para celebrar conxuntamente o traballo que se está a facer desde o tecido asociativo.
Ademais, a cita pretende abrir vías de intervención e de participación directa da sociedade nun Museo do Pobo Galego que é tamén froito do traballo asociativo. Aberto en 1976 grazas a unha iniciativa civil constituída en asociación, case medio século despois segue mantendo esta forma xurídica e traballando pola conservación, investigación e divulgación da cultura galega desde o ámbito da antropoloxía cultural.
En concreto, tomarán parte no encontro do 1 de xuño no Museo do Pobo Galego as seguintes asociacións:
- ADEGA Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Santiago de Compostela (A Coruña)
- Agrupación Astronómica Coruñesa ÍO, A Coruña (A Coruña)
- A Sega, plataforma feminista de crítica literaria, Santiago de Compostela (A Coruña)
- Asociación Cultural A Caniceira, A Pobra de Trives (Ourense)
- Asociación Gaiteirxs Galegxs, Cerdedo-Cotobade (Pontevedra)
- Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, Melide (A Coruña)
- Asociación Cultural Prestadora de Servizos Á Xuventude “Pesquedellas”, Betanzos (A Coruña)
- Asociación Cultural O Galo, Santiago de Compostela (A Coruña)
- Asociación O.R.A.L. de Galicia, Vigo (Pontevedra)
- Asociación Cultural Os Penoucos, Valga (Pontevedra)
- Asociación Río Miño Natureza Ignacio Gago, Arbo (Pontevedra)
- Asociación Cultural Trépia, Pontevedra (Pontevedra)
- Associaçom cultural A Gentalha do Pichel, Santiago de Compostela (A Coruña)
- Ateneo Ferrolán, Ferrol (A Coruña)
- Buxa. Asociación Galega do Patrimonio Industrial, Ames (A Coruña)
- Colectivo A Rula. Asociación cultural de divulgación e protección de arte rupestre, Teo (A Coruña)
- Clara Corbelhe, Santiago de Compostela (A Coruña)
- Club Cultural Valle-Inclán, Lugo (Lugo)
- Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), Vilalba (Lugo)
- Instituto de Estudios Vigueses (IEV), Vigo (Pontevedra)
- Instituto de Estudos Bergantiñáns (IEB), Carballo (A Coruña)
- Instituto de Estudos Ulloáns, Monterroso (Lugo)
- Instituto de Estudos Miñoráns, Gondomar (Pontevedra)
- Ponte… nas Ondas!, Vigo (Pontevedra)
- PuntoGal, A Coruña (A Coruña)
- Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, Vimianzo (A Coruña)
- Sociedade Xuvenil Galega de Química, Santiago de Compostela (A Coruña)
- Zona Hadal, Betanzos (A Coruña)
A xornada O futuro dun legado. Encontro do asociacionismo cultural galego a cen anos do SEG conta co apoio da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago de Compostela.