40 anos de #EstiloVerino

Enviado por xestor el Lun, 21/11/2022 - 11:53
22
Nov
2022
40 anos de #EstiloVerino
Imaxe
Mikael Jansson

Mirar o camiño percorrido, deterse a valorar, a sopesar os éxitos e as aprendizaxes para atopar na esencia dun mesmo esa ilusión por seguir 40 anos máis, é o que leva a Roberto Verino a realizar esta retrospectiva fotográfica da marca.

Beleza Serena – 40 anos de #EstiloVerino, é unha revista aos iconos de Verino a través das dúas grandes campañas fotográficas, unha sinopse visual que nos relata o trazo constante que definiu á marca durante catro décadas e a converteu nun modelo de estilo que, aínda hoxe, continúa vivo nas súas propostas de deseño.

A sencillez e equilibrio das súas prendas sobre modelos de actitude segura, a veces enigmática e provocadora, formulan un contaste intencionado que nos define a unha muller Verino de forte personalidade e sensualidade serea.

Estas imaxes simbolizan unha cultura de marca que cree na idea de que sempre queda espacio por percorrer e que a perfección non se atopa nin na forma nin na medida, senón no espíritu do que sabe ver no sinxelo, na beleza serea, a verdadeira plenitude.