Aos 20 anos do Prestige

Aos 20 anos do Prestige
Imaxe
Alegría

Con motivo do 20 aniversario do desastre do petroleiro Prestige o Museo do Pobo Galego recorda esa data coa proxección do filme Alegría, dirixido por Luís Otero e producido por Urco Producións e Ecoloxistas en Acción.

Despois, e tendo o filme como referencia, iniciaremos un debate sobre este desastre ecolóxico e as súas consecuencias. Con Ana Freiría como moderadora, participarán Luís Otero, Viki Rivadulla artista muxiá e Verónica Veres Tasende presidenta da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao.

Será o venres 18 ás 19:00, no Museo do Pobo Galego.