16º Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica

Enviado por xestor el Lun, 03/10/2022 - 10:42
04
Oct
2022
Tipo evento
Exposición
16º Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica
Imaxe
Fotógrafos 16º Premio Ksado

O martes 4 de outubro ábrese no Museo do Pobo Galego a mostra que recolle as series gañadora e seleccionadas na presente edición do Premio.

A serie gañadora, ‘Lume’ de Brais Lorenzo (Ourense), estará acompañada das series ‘Paisaxes da inexistencia’ de Belén Lozano López (Lugo); ‘La escoria rebelde’ de Fuco Reyes (Compostela); ‘Máscaras del Entroido Gallego. Festival VIBO 2022’ de Carlos González Ximénez (Madrid); ‘Europa “not welcome” de Sergi Cámara (Barcelona); e ‘Vulcanonautas’ de Arturo Rodríguez (Tenerife).

A serie gañadora, presentada por Brais Lorenzo, narra a traxedia que, para Galiza e para o mundo, representan os incendios, como consecuencia do cambio climatico, da despoboación do campo, da irresponsabilidade dos pirómanos. No seu informe, o xurado salientou da colección “Lume” a actualidade do tema “contado nunha secuencia que visualiza o drama humano, máis o ecolóxico. Todo na liña do máis puro fotoxornalismo, onde a narrativa visual fai fincapé nas persoas que viven intres de tensión”.